Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca en Cedeira un curso de primeiros auxilios que percorrerá nove parroquias

RR_Noticias

Seis horas de formación repartidas en dúas sesións que lles servirán aos asistentes para contar cos coñecementos mínimos para afrontarse a unha situación de emerxencia. A proposta chega dende a Concellería de Servizos Sociais. 

O curso de dous días de duración está organizado pola concellería de Servizos Sociais e ten como obxectivo dotar ás persoas participantes duns coñecementos mínimos de primeiros auxilios que lles permitan afrontar dun xeito adecuado situacións de emerxencia, mentres non chegan os profesionais sanitarios.
A formación estará aberta a todas as persoas maiores de idade.
O primeiro dos centros onde se vai desenvolver é o de Cedeira onde o curso terá lugar hoxe mércores e mañá xoves en horario de tarde de 17:00 a 20:00 horas.
Tamén nesta mesma semana comezará na asociación de mulleres Agarimo en Chapela o día 11 con clausura o 18 de xuño. Pasará tamén o curso pola asociación de mulleres Arela en Saxamonde, no centro cultural de Trasmañó e Vilar de infesta, nos locais das asociacións de veciños de Negros e Chapela así como no local da asociación de mulleres rurais Sementeira.
O último dos cursos, os días 6 e 8 de xullo será na sociedade labrego de Reboreda

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará