Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade celebra a salvación coa súa afección no partido co Domaio

RR_Noticias

Os de Soutomaior garantiron a permanencia coa vitoria da pasada xornada no campo do Juvenil, polo que despedirán a liga en Arcade celebrándoo coa súa afección. O desexo do club é facelo cun triunfo sobre o Domaio, para agasallar con este fin de festa ós seus seareiros despois dos altibaixos desta temporada.

Jacobo Montes, o adestrador do Arcade, é esta semana un dos homes “máis felices e satisfeitos” do mundo, despois de que o seu equipo certificase a salvación cunha vitoria sobre o Juvenil por 2-4. O técnico confesouse “aliviado” despois dunha temporada de altibaixos no equipo, e moi satisfeito co resultado final, non só por garantir a permanencia, senón tamén “polo bo xogo e os bos resultados” dos últimos partidos, nos que os xogadores demostraron “un alto nivel”. Co obxectivo cumprido, o Arcade enfróntase ó último partido de liga na Primeira Autonómica nunha meritoria 10ª posición na táboa. Despedirán a liga na casa, diante da súa afección, cun partido co Domaio. Ningún dos dous equipos se xogan xa nada, pero sairán ó terreo de xogo “a gañar”, xa que todos queren despedir a temporada “cun bo sabor de boca”, segundo explica Montes. O desexo do adestrador é poder agasallar cunha vitoria ós seus afeccionados, despois dunha temporada irregular na que foron de menos a máis. Agora toca festexar o obxectivo cumprido e pensar na próxima temporada, na que haberá “altas e baixas”. Neste sentido Jacobo Montes aposta pola incorporación dalgún xogador do Arcade B.

Jacobo Montes adestrador
O técnico amosa a súa satisfacción polo bo xogo do equipo
Próxima temporada
O club pensa agora en confeccionaro o equipo para a próxima temporada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará