Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade non prevé recuperar a unidade móbil de detección precoz de cancro

RR_Noticias

A Consellería de Sanidade desbota recuperar a unidade móbil que realizaba as probas diagnósticas de detección precoz de cancro de mama e que viña atendendo ás mulleres de entre 50 e 69 anos de idade de toda a bisbarra.

Así llelo trasladou este departamento ao BNG, logo de que a deputada nacionalista, Carme Adán presentase no Parlamento galego unha pregunta ao respecto do desmantelamento deste servizo.
A Consellería limítase a responder que as mulleres obxecto da campaña “non teñen outra que desprazarse ata a cidade de Vigo”.
Dende o BNG anuncian que seguirán demandando que se repoña a unidade móbil e cualifican de “inaceptable” a resposta do departamento de Sanidade limitándose a xustificar que este grupo de veciñas, de Redondela pero tamén dos concello limítrofes da comarca.
Lembran ademais que na actualidade existe grande preocupación polo deterioro do servizo, o que levou hai xa algúns meses á recollida de sinaturas por parte dos veciños para reclamar a reposición do mesmo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará