Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior reclama un plan de recuperación para os muíños

RR_Noticias

OS nacionalistas pedirán no pleno da corporación que o Concello se implique na posta en valor dos muíños de auga que existen no municipio, de gran valor etnográfico e cultural, e que actualmente están nunha situación ruinosa.

O BNG reclama un plan de recuperación para os muíños existentes no municipio. No próximo pleno do Concello os nacionalistas defenderán unha moción na que instan ó goberno local a elaborar un plan de recuperación dos muíños que se conservan en Soutomaior. O obxectivo é a conservación deste patrimonio, sobre todo nunha serie de muíños de auga que constitúen unha grande riqueza e que teñen un grande interese cultural e etnográfico. A maior parte deles ofrecen actualmente un estado ruinoso. No mellor dos casos, segundo o BNG, están ocultos debaixo de silveiras e mato. Por iso a oposición pretende que o goberno local se implique na súa recuperación e posta en funcionamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará