Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento mellora o tráfico nas Cardosas coa ampliación dun carril

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento iniciou as obras de ampliación dun carril na estrada N-550 ao seu paso por Redondela, no tramo que vai desde a intersección coa N-552 , que une Redondela con Vigo, e a rotonda de Vilavella. A ampliación dun carril adicional esténdese nun tramo de 500 metros na zona das Cardosas, na recta onde está ubicado un serradoiro.

O proxecto contempla a construción dun carril máis en sentido O Porriño, co que se facilita a incorporación do tráfico procedente do scalextric e que circula con dirección ao aeroporto de Peinador ou O Porriño.
Os traballos comezaron xa na zona do serradoiro coa ocupación dos terreos e o derrube de varios muros en diferentes propiedades, que terán que sufrir un retranqueo para deixar espazo á ampliación da estrada. Esta obra é unha vella demanda do Concello redondelán, que esixía unha mellora neste tramo da estrada nacional, onde se rexistra un elevado volume de tráfico. O proxecto inclúe tamén unha nova beirarrúa, que mellorará a seguridade vial dos peóns que transitan pola zona. Pero esta medida non é suficiente para os veciños, que reclaman desde hai anos un semáforo con paso de peóns na zona. Son moitos os que deben atravesar a estrada nacional para achegarse a Redondela ou acceder á parada do autobús. É o caso dos escolares, que corren un grave perigo ao cruzar a diario esta estrada, cunha elevada densidade de tráfico e coches que circulan a altas velocidades. Por iso reclaman a instalación dun semáforo regulado con pulsador, do mesmo xeito que funciona nesta mesma estrada en Cesantes, ou o que se está a instalar en Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará