Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os naseiros de Arcade denuncian novos vertidos da depuradora

RR_Noticias

O informe de Augas de Galicia descartando fallos na depuradora de Arcade non convence á Asociación de Naseiros Alvedosa. O colectivo segue a denunciar o deficiente funcionamento das instalacións, así como vertidos que chegan desde distintos aliviadoiros ó longo do río, e que verten directamente no río. Os naseiros insisten en que as obras se fixeron mal, e que cando chove, ao non estar separadas as augas fecais das pluviais, a depuradora vese desbordada

As afirmacións da Xunta de Galicia sobre o correcto funcionamento da depuradora de Arcade non son compartidas pola Asociación de Naseiros de Arcade. As continuas queixas de pescadores e naseiros chegaron recentemente ao Parlamento galego a través dunha pregunta do BNG. Desde Augas de Galicia afirman que as instalacións cumpren os límites para a contaminación que nela se pode depurar tendo en conta a tipoloxía da depuradora. Pero diferentes colectivos como a Asociación de Naseiros Alvedosa segue a denunciar os vertidos. O seu presidente, Antonio Álvarez, insiste en que o funcionamento da depuradora está lonxe de ser correcto, e lamenta “que os cartos procedentes da UE para sanear a ría non se empregasen ben”. Álvarez explica que en ocasións as augas fecais de Pontesampaio chegan á ría “sen ningún tipo de tratamento”, o que supón un verdadeiro “problema sanitario”. E ás deficiencias da depuradora hai que engadirlle o feito de que non haxa separación de augas fecais e pluviais, polo que cando chove as instalacións vense “completamente desbordadas”. E o colectivo de naseiros engade outro problema, o feito de que algúns empresarios aproveiten cando chove “para botar ó río vertidos”.

Antonio Álvarez presidente dos naseiros
A Asociación de Naseiros denuncia vertidos
Depuradora desbordada
Álvarez lamenta que as cousas non se fixeran ben

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará