Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide a Fomento que axilice as obras da rotonda de Cabanas

RR_Noticias

Os nacionalistas denuncian que as obras da glorieta aínda non remataran, logo de que se cumpra un ano desde o seu inicio, cando a previsión inicial falaba dun prazo de execución de catro meses.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na Cámara Baixa na que pide ó Ministerio de Fomento que axilice as obras de construción da glorieta de acceso á autoestrada AP-9 en Cabanas, preto da ponte de Rande. Davila cuestiona ó Ministerio por ter as obras paralizadas durante meses. A nacionalista subliña que malia tratarse dun tramo dun quilómetro os traballos xa se atrasaron máis de medio ano, dado que a obra tiña que estar rematada en setembro de 2009. Davila pregúntalle os motivos deste atraso ó departamento que dirixe José Blanco, e como pretende finalizar as obras, que contan cun orzamento de 643.000 €, cos que ademais da rotonda tamén se deben construír beirarrúas e mellorar o alumeado.A este respecto, a pasada semana o subdelegado do goberno en Galicia, Delfín Fernández, anunciaba que as obras estarán rematadas en xullo, e culpou dos atrasos á climatoloxía adversa do inverno.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará