Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A maxia de Dorian Gray no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

O Festival Internacional de Títeres de Redondela achega esta noite ó Auditorio a obra “Rúa Aire” da compañía galego-catalá “El retrete de Dorian Gray”, baseada no construción de monicreques con globos.

Continúa a programación do festival internacional de títeres de Redondela. Ás 17.00 horas comeza na rúa Meixón Frío un obradoiro de construción de monicreques dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Está organizado pola Tenda de Candelaria, e os rapaces poderán elaborar os seus propios bonecos con material de refugallo. Esta tarde, ás 18.00 horas, coñeceranse tamén os gañadores do concurso de construción de títeres, neste caso de adultos, organizado tamén pola Tenda de Candelaria. E xa ás 21.00 horas chega o espectáculo ó Multiusos da Xunqueira. Hoxe os protagonistas son a compañía “El retrete de Dorian Gray”, coa obra “Rúa Aire”. O seu traballo baséase na construción de monicreques con globos, ós que dan vida dun xeito máxico e poético. Un espectáculo para todos os públicos, aínda que “con lecturas diferentes para os nenos e os adultos” como explican desde a compañía. E a partires de mañá sábado, e tamén o domingo, a maxia dos títeres invadirá Redondela cos espectáculos na rúa. A organización esfórzase ano tras ano por superarse e converter o centro da vila nunha gran festa con actuacións ó longo de toda a fin de semana. A música póñena grupos como Os Croquetas e The Turre´s Band, e os títeres, nas rúas e prazas, correrán a cargo de compañías como La Bandulfa, Boneca Lareta, Rodorín ou os italianos Girovago Rondella.

El Retrete de Dorian Gray
Diferentes lecturas da ora "Rúa Aire"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará