Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela sae á rúa contra a ampliación da autoestrada

RR_Noticias

Detrás dunha pancarta co lema “Non á destrucción de Chapela”, uns 600 veciños da parroquia amosaron o sábado o seu máis rotundo rexeitamento á ampliación da AP-9 no tramo entre Rande e Teis. Este mércores o Concello celebra un pleno extraordinario para tratar o proxecto de Fomento.

Uns 600 veciños de Chapela saíron á rúa esta fin de semana para manifestarse contra a ampliación da autoestrada ó seu paso pola parroquia. Os veciños rexeitan o proxecto do ministerio de Fomento, que contempla a construción dun carril máis en cada sentido da circulación desde a ponte de Rande ata Teis, o que suporá máis afeccións na parroquia de Chapela. A protesta contou coa participación de concelleiros de todos os partidos políticos, agás o PSOE, e colectivos como a Plataforma Contra a Autovía. A manifestación discorreu entre o Alto da Encarnación e as instalacións do pavillón deportivo o que provocou retencións de tráfico nunha tarde con afluencia masiva nas praias. Precisamente o bo tempo restou algo de participación á protesta, que transcorreu con berros como «Menos ampliar e máis soterrar». A mobilización fora abordada o xoves no consello parroquial. O representante do PSOE, Emilio González, aceptou a celebración dun pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro mércores e que se centrará na ampliación da autoestrada. Será na Casa do Concello ás 20.00 horas. E todo a uns días de que o ministro de Fomento, José Blanco, acuda a Vigo a explicar esta ampliación da AP-9. Ademais, o ministerio ten que recortar cartos de investimentos para cumprir o plan de austeridade que estableceu o presidente, Rodríguez Zapatero, e descoñécese como van afectar os recortes a estas obras. O custo da ampliación da autoestrada ó longo do quilómetro e medio de percorrido na parroquia de Chapela é de douscentos millóns de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará