Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

37 redondelás baixo protección policial por violencia de xénero

RR_Noticias

No que vai de ano presentáronse 16 denuncias por maltratos en Redondela por parte de 9 vítimas. No 2009 foron 28 denuncias as interpostas por violencia machista no noso concello segundo informaba o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, durante a reunión da Xunta de Seguridade.

A Policía Local de Redondela incorporarase ao Sistema de Seguimento Integral de Casos de Violencia de Xénero, o que lle dará pleno acceso á base de datos de todos os casos activos. Na actualidade en Redondela son 37 as mulleres que están baixo a protección da Policía Local e Nacional, o que supón sete máis que no 2009. Malia todo Delfín Fernández aseguraba que “isto non significa que aumentara o número de casos senón que simplemente máis mulleres pasaron a estar baixo a protección da Policía.
Ao longo do ano 2009 presentáronse en Redondela un total de 28 denuncias por parte de 21 vítimas de violencia de xénero. No que vai de ano a policía rexistráronse 16 denuncias que foron interpostas por nove mulleres.
A incorporación de Redondela a este sistema de seguimento foi un dos principais puntos aprobados na Xuntanza de Seguridade que se celebraba no concello, o que permitirá as forzas de seguridade locais ter acceso non só aos casos de violencia de xénero dos que fan seguimento con ordes de protección, senón de todos os existentes. Deste xeito Redondela súmase a outros once municipios da provincia, Vigo, Marín Pontevedra, Vilagarcía, Lalín, A Estrada, O Grove, Sanxenxo, Bueu e A Guarda, que tamén teñen acceso ao Sistema de Seguimento Integral de Casos de Violencia de Xénero.
Delincuencia e seguridade viaria
A seguridade viaria foi outro dos puntos que se abordou na xuntanza de Seguridade, na que participaron o alcalde, Xaime Rei, o concelleiro de Seguridade, Eduardo Reguera , e mandos da Policía Local e Policía Nacional, ademais do subdelegado do goberno Delfín Fernández quen anunciou que a Policía de Redondela está tramitando quince expedientes que suporán a detracción de 69 puntos”. Fernández, tamén subliñou, que “Redondela continúa a ser unha cidade moi segura xa que a taxa de criminalidade está 22 puntos por debaixo da media de España, 8 por debaixo da media provincial e 14 puntos por encima da media española en esclarecemento de delitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará