Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un concurso de monicreques e o Titiriphoto, actividades paralelas no Festival de Títeres

RR_Noticias

A XI edición do Festival de Títeres achegará a Redondela entre o 19 e o 23 de maio a un total de 15 compañías de carácter internacional, pero para ir quecendo motores xa teñen en marcha varias actividades paralelas cunha exposición fotográfica no Multiusos “Titiriphoto” e o II concurso de construcción de títeres Tenda de Candelaria

Cinco fotógrafos participan na exposición Titiriphoto que dende o venres 7 ata o 23 de maio poderá visitarse n Multiusos da Xunqueira. A mostra reúne fotografías de Rafa Estevez, Pelu Vidal, Mundo Cal, Quino Vilas e Feliz Cal, quen nos amosan imaxes en branco e negro e en cor, de espectáculos de rúas, sesións en sala e recollen tamén a participación e complicidade do público ao longo das dez edición do Festival.
Esta é unha das actividades paralelas e un evento de carácter internacional que contará coa presenza de 15 compañías procedentes de diferentes puntos do planeta quen mostrarán os seus espectáculos entre os días 19 e 23 de maio. Miguel Borines, do colectivo Xente Titiriteira destaca a vocación internacional do festival e a variedade e diversidade dos espectáculos con títeres de luva, marionetas de fío, bonecos tradicionais, sombras chinesas ou manipulación de obxectos.
II Concurso de construcción de títeres tenda de Candelaria
Celébrase ademais nesta edición por segundo ano consecutivo un concurso de construcción de monicreques. Ata o 21 de maio todos os que o desexen poden presentar os seus títeres de deseño propio no local A Tenda de Candelaria na rúa Meixón Frío. Un xurado formado por artistas participantes no Festival Internacional de Títeres que se celebra en Redondela entre os ías 19 e 23 de maio seleccionará un primeiro premio dotado cunha comida cos titiriteiros presentes no festival, unha camiseta conmemorativa, dúas entradas para as representación no Multiusos e un lote de cervexas
Por outra banda, o propio 21 de maio de 17:00 a 20:00 celebrarase no local un obradoiro de construcción de monicreques para nenos de 5 a 12 anos. O obradoiro estará dirixido por persoal experimentando nesta actividade tan creativa. Os títeres construídos no obradoiro, ademais de expoñerse no local, poderán participar no concurso. As prazas son limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará