Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco espera recibir a 30.000 visitantes

RR_Noticias

As sete casetas de degustación, que se instalarán baixo unha carpa no Campo da feira comezarán a servir ás 12:30 horas do sábado. O actor Xosé Manuel Conde será o encargado de ler o pregón

Todo a punto xa para a celebración da XXIV edición da festa do choco. Será a vindeira fin de semana cando máis de 30.000 persoas segundo as previsións da organización, se acheguen a Redondela para degustar os 5.000 quilos de cefalópodo que se van preparar nas súas diferentes modalidades. As sete casetas de degustación que se instalarán baixo unha carpa no campo da Feira, ofrecerán pratos de empanada de millo a 7 euros e de trigo a 5 euros así como chocos a prancha, con arroz e na súa tinta, pratos que se venderán a sete euros. Dende a organización insisten na calidade do produto que se pon á venda, xa que todos os pratos estarán elaborados con chocos da ría, que se distinguen polo seu sabor e textura. De feito, dende a Confraría levan anos reclamando o certificado de denominación de orixe para o cefalópodo. Severino Casal avoga porque se cree unha comisión que traballe nesa dirección e que facilite o recoñecemento a un produto cunhas características específicas. O popular actor Xosé Manuel Conde da compañía Fulano, Cítano e Mengano, será o encargado de ler o pregón o domingo ás 12:30 horas dende o balcón da Casa do Concello

Severino Casal
Demandan que se axilicen os trámites para que o choco de Redondela acade o tan demandado certificado de denominación de orixe
Jaime Villaverde
Os prezos mantéñense para as empanadas e suben nos pratos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará