Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comarca de Redondela supera a barreira psicolóxica dos catro mil parados

RR_Noticias

O paro avanza na comarca e o mes de abril deixa un total de 4.034 persoas en situación de desemprego si sumamos os parados de Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos de Montes.

Así as cousas, en Redondela son 2.643 persoas as que se atopan anotadas nas listas do paro, 47 máis que o mes pasado. Tamén se viu incrementado este dato en Pazos de Borbén onde 13 novos desempregados sitúan o número de parados en 398, mentres que son 238 as persoas que se atopan en situación de busca de emprego en Fornelos, 9 máis que hai un mes.
O único dato positivo atopámolo en Soutomaior, onde a tendencia é a baixa. O número de parados rexistrados neste municipio é de 755 persoas, sete menos que no mes de marzo.
Así que mentres o dato do pasado mes foi positivo no conxunto de España así como no conxunto da comunidade galego, onde o desemprego baixou segundo os datos distribuídos onte polo Ministerio de Traballo, a lista de persoas apuntadas nas oficinas da comarca do INEM seguen crecendo. As 62 altas que se produciron ao longo do mes de abril fan que esa cifra supere a barreira psicolóxica dos 4000 parados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará