Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mozo de Redondela entrégase á policía logo de atracar unha vivenda en Pontevedra

RR_Noticias

O mozo, de 25 anos de idade e con antecedentes policías, entregouse na comisaría o pasado luns confesando ser o autor dun asáltao a unha vivenda que se producira no mesmo día.

Os feitos producíronse o pasado luns cando a vítima do asalto denunciou ante a Policía Nacional que un ladrón tiña conseguido acceder ao interior da súa vivenda tras superar un muro dun metro e medio de altura e rachar un cristal dunha fiestra. Os axentes desprazáronse ata o lugar e comprobaron que non había ninguén no interior da vivenda pero que o atracador deixar restos de sangue nunha das dependencias do domicilio, supostamente polas feridas que se causou ao romper o cristal.
Horas despois de que os feitos foran denunciados, un mozo de 25 anos de idade e natural de Redondela presentábase voluntariamente nas dependencias policiais en Pontevedra confesando ser o autor do asalto. Coa man esquerda vendada o mozo, que responde as siglas de J.M.P.D. presentouse na comisaría cando faltaban un minutos explicando o seu intento de roubo, polo que os axentes procederon a súa detención acusado dun delicto de roubo con forza. O mozo, que conta xa con antecedentes policiais, foi posto a disposición do xulgado de garda de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará