Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe nos Eidos ao histórico socialista Alejandro Otero Fernández

RR_Noticias

O Cemiterio dos Eidos acolle este mércores ás 20:30 horas un acto homenaxe organizado polas Xuventudes Socialistas de Redondela. Asistirá a portavoz do PSOE no Senado, Carmela Silva

No acto homenaxe a Alejandro Otero Fernández (1889-1953), que comezará ás 20:30 horas no cemiterio de Os Eidos, intervirá a portavoz do PSOE no senado Carmela Silva e o secretario xeral das Xuventudes socialistas de Redondela, Isaac Araujo
Con este acto quérese lembrar a este médico redondelán militante do PSOE e da UXT.  A súa actividade política levouno a ser elixido concelleiro en Granada e deputado por Pontevedra no ano 31 nas Cortes Constituíntes da II República. Foi detido durante dous meses no ano 1934 e posteriormente co estalido da guerra civil foi nomeado subsecretario de armamento ao servizo do goberno lexítimo republicano.
Ao remate da guerra civil exiliouse a México formando parte do goberno republicano no exilio.
Actualmente os seus restos xacen no panteón familiar do cemiterio dos Eidos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará