Hoxe é Venres 2 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo de Bueu Eskakeo gaña o Concurso de Maquetas Millo Verde

RR_Noticias

O gañador do concurso foi elixido mediante votación do público que asistiu a o concerto celebrado o venres e no que participaron os tres finalistas desta edición. Eskakeo faise así un oco no festival que se celebrará os día 11 e 12 de xuño en Redondela

O público que asistiu o pasado venres ao concerto organizado pola asociación Millo Verde decidiu cos seus votos que o gañador do III concurso de maquetas fora o grupo Skakeo de Bueu.
A música Ska fíxose polo tanto con premio nun concerto no que participaron xunto aos outros dous finalistas: o grupo lalinense de rock metal Empezar de Cero e o punk vigués dos Mexa por dentro.
O grupo elixido Sklakeo faise así un oco no cartel do Festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de xuño en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará