Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cautela no Concello ante as posibles afeccións da ampliación da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

A decisión da ampliar a autoestrada causa sorpresa “por tratarse dun cambio de postura por parte de Fomento”. O alcalde móstrase preocupado polas afeccións que o proxecto, que inclúe a construcción de dous novos carrís na vía entre Vigo e O Morrazo, vai ter na parroquia de Chapela.

O alcalde de Redondela, Xaime Rei, mostrou a súa sorpresa ante a decisión de Fomento de ampliar a ponte de Rande e a autoestrada AP-9 entre Teis e o Morrazo, por entender que se trata dun “cambio de postura do ministerio”. Entende que sería máis lóxico esperar a que entrara en funcionamento a autovía A-59 entre Vigo e Pontevedra, e que unha vez en marcha o novo vial se estudase a ampliación ou non da autoestrada en base ao tráfico que continuase a soportar a ponte. Rei mostrase tamén preocupado polas afeccións que este proxecto terá na parroquia de Chapela xa que se trata dunha ampliación de un carril en cada sentido da marcha que afectará a un tramo de seis kilómetros entre Vigo e o Morrazo. O alcalde explicou que segundo os técnicos de Audasa a obra vai ter menos afeccións que o anterior proxecto cando se anunciaba a expropiación de 5 ou 6 casas e o colexio da parroquia. Unha información á cal o rexedor local non da moito crédito tendo en conta que esta ampliación é máis ambiciosa”. Por ese motivo prefire ser cauto e esperar a ver o proxecto. O inicio da ampliación está previsto para abril de 2011. O proxecto, cifrado en 173 millóns de euros, contempla a construcción de dous novos carrís, isto é, un terceiro carril en cada sentido da marcha.

Xaime Rei alcalde de Redondela
O rexedor local mostrouse sorprendido polo anuncio de ampliación
Afeccións en Chapela
o alcalde prefire ser cauto á hora de valorar as repercusión das obras na parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará