Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro embarcacións do Club de Remo de Chapela participarán no Campionato de España

RR_Noticias

O de Redondela é o club galego que conseguiu clasificar máis barcos para a proba nacional que se disputa a próxima fin de semana en Ferrol. Fixérono grazas ós bos resultados acadados no Campionato Galego disputado onte en augas da Pobra do Caramiñal, co segundo posto na categoría xuvenil feminina, e nas probas masculinas foron primeiros en cadetes, terceiros en xuvenís e segundos en senior.

Bateis 
O Club de Remo de Chapela impúxose na categoría de cadetes no Campionato Galego de Bateis disputado onte en augas da Pobra do Caramiñal. Fixérono por diante de Rianxo e Tirán. Na final da regata, coñecida tamén como o trofeo Conde de Fenosa, o club redondelán acadou a segunda posición na categoría xuvenil feminina, por detrás de Robaleira, unha proba na que as dúas embarcacións foron moi superiores ó resto de competidoras. O club de Chapela conseguiu tamén a terceira praza na categoría xuvenil masculina, por detrás de Vilaxoán e Robaleira, e a segunda na categoría absoluta masculina por detrás de Samertolameu.
Unha magnífica xornada de remo a vivida onte na Pobra do Caramiñal, cunhas 5.000 persoas ateigando os peiraos para presenciar as finais do Campionato Galego. Os tres equipos mellor clasificados pasan directamente a participar no Campionato de España de bateis, que se disputa a próxima fin de semana en Ferrol. Con estes resultados Chapela clasificou en total catro embarcacións para o campionato nacional, das cinco coas que competía nesta proba, proclamándose como o club galego con máis participación na proba estatal. Serán os barcos da categoría xuvenil feminina e na masculina acudirán representando a Chapela os cadetes, os xuvenís e os senior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará