Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fábulas no berce con Charo Pita

RR_Noticias

A biblioteca de Redondela acolle o vindeiro venres este espectáculo orientado a nenos de entre 0 e 3 anos. O xoves na biblioteca de Chapela celébrase un obradoio de pintura de paisaxe a cargo de Marta Pérez Lozao

A palabra e a música forman parte do espectáculo que a contacontos e actriz Charo Pita ofrecerá na biblioteca de Redondela o venres 9 de abril. Relatos sinxelos, ritmos e cancións para adaptarse a un público moi especial: nenos de 0  a 3 anos.Un xeito de introducir aos máis cativos no universo das palabras co espectáculo que Charo Pita titula “fábulas no berce”. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas polo que é preciso anotarse previamente na biblioteca de Redondela no Multiusos da Xunqueira. Pintura de paisaxe Por outra banda, a biblioteca do Piñeiral do Crego en Chapela organiza o vindeiro xoves 8 de Abril ás 18:00 horas un obradoiro de pintura de paisaxe orientado a rapaces e rapazas entre 5 e 15 anos. O Taller de pintura ao natural, correrá a cargo da pintora Marta Pérez Lozao, quen actualmente expón a súa obra no Multiusos da parroquia. É imprescindible inscribirse con anterioridade na biblioteca ou no tlf 986 45 42 26

Charo Pita contacontos e actriz
O espectáculo conta con música e palabra
Manter a atención
Nenos moi pequenos que teñen o seu xeito de atender

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará