Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non se suma ao proxecto Wimax para o acceso a Internet no rural

RR_Noticias

O goberno local alega que a Deputación privatizará o servizo de acceso a Internet unha vez conclúa a súa implantación e lembran que o Plan Marisma contempla un servizo wifi gratuíto nos Centros Culturais do municipio  

O PP critica que o goberno local rexeitase a adhesión ao proxecto wimax rural da Deputación de Pontevedra, a través do cal o organismo oferta aos Concellos da Provincia un sistema para dotar a toda a poboación de Internet que lles permitiría que a rede chegase a practicamente o 100% da poboación. En total sumáronse ao programa 55 concellos, mentres que foron sete os que quedaron fora, entre eles o de Redondela xunto con Vigo, Pontevedra, Marín, A Estrada, Vilagarcía e Cangas. Os populares, a través da edil Laura Alonso, entende que esta decisión vai en contra dos veciños, principalmente daqueles que residen nas parroquias, xa que o programa “permite acceder a internet a sectores da poboación que a día de hoxe están sen cobertura” Dende o PSOE xustificouse a decisión do concello de rexeitar este proxecto alegando que o obxectivo da Deputación é privatizar o servizo unha vez que o programa conclúa “xa que alí onde hai operadores funcionando o servizo hai que cobralo, algo que xa anunciou o organismo provincial”. Engadía Emilio González Iglesias que o Plan Marisma xa contempla un servizo wifi que permitirá acceder de xeito gratuíto a internet nos centros culturais do municipio

Laura Alonso PP
os populares critican que o concello non se sume ao proxecto wimax da deputación
Emilio González Iglesias PSOE
O goberno local rexeita o proxecto porque aseguran vaise privatizar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará