A banda de heavy presenta ás 23:30 o seu disco “Principe de los payasos” nun concerto que terá lugar na sala Diva e que é o punto de arranque dunha xira que os vai levar por diferentes concello de toda Galicia
Logo de quince anos, o grupo de rock metal Nocheni presenta o seu novo traballo que leva por título Príncipe de los payasos. Un novo disco onde atopamos a Juanín Barreiro nas voces e nos teclados, Dani Lemos no baixo, David González e Nacho Couñago na guitarral e Xoel L. Schwart na batería. Un disco no que manteñen o seu estilo orixinal pero introducindo elementos produto dunha evolución natural que os leva agora a coidar máis os arranxos e os detalles. O grupo presenta os seus novos temas na discoteca Diva onde comezan unha xira que os vai levar a Ponteareas, Tui, Vigo, Pontevedra, Ordes e Sada.
O grupo evolucionou dende o seu primeiro traballo no 2000
O concerto de Diva é o primeiro dunha xira de concertos por toda galicia