Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns abandonan o Algarve e visitan outros puntos da península

RR_Noticias

A pouca previsión dos que viaxan na Semana Santa obriga a moitos a coller destinos de última hora. A unha semana dos festivos as alternativas son viaxes en autobús ao Mediterráneo ou ao norte do estado. Os prezos non superan os 300 euros por persoa

As previsións meteorolóxicas non son moi optimistas de cara á Semana Santa, xa que se anuncian uns primeiros días de abril máis chuviosos e fríos do normal. E precisamente a procura de climas máis cálidos e anticiclónicos é o que perseguen moitos dos que aproveitan as datas festivas da Semana Santa para viaxar fora de Galicia. Con todo, as alternativas a esta altura non son moitas, están esgotadas as prazas de avión ás Illas e as posibilidades apuntan sobre todo a excursións en autocar a diferentes puntos da península por prezos que non superan os 300 euros con viaxe, aloxamento e media pensión incluída. Os destinos son variados: hai quen opta polo Mediterráneo con viaxes a Murcia ou Valencia, outros prefiren un percorrido polo norte con visitas a Cantabria ou País Vasco ou o cada vez menos demandando Algarve, que anos atrás era o principal destino turístico nestas datas. Os máis animados á hora de viaxar son parellas de máis de trinta anos que saben o destino que queren pero pouco previsores á hora de organizarse. Rafa Meijide, dende a axencia de viaxes Airbus en Redondela confirma que este ano o festivo do luns do Cristo en Vigo o día 29 fai que moitos incluso se animen a reservar viaxes para toda a semana.  

Rafa Miejide Airbus Redondela
As posiilidade para viaxar na Semana Santa pasa por coñecer ouros puntos da península
Pouco previsores
Os redondeláns son pouco previsores á hora de organizar as súas saídas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará