Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Soutomaior nega que o Plan do Litoral deixe sen protección a carballeira do peirao

RR_Noticias

O alcalde Agustín Reguera critica as declaracións do BNG por “alarmistas” e asegura que no POL ven recollido que se exclúen do Plan os solos clasificados como núcleos urbanos ou rurais, como sería o caso de Arcade

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, rexeita as declaracións feitas dende o BNG da localidade quen, a través do seu portavoz, Fernando Herrrero denunciara que o Plan do Litoral do PP deixa sen protección a carballeira do Peirao de Arcade mentres que “fica afectado todo o núcleo urbano e que mesmo o goberno galego podería ordenar o derrube de vivendas”.
Asegura o rexedor local que estas declaracións son totalmente falsas e critica o alarmismo xerado polo BNG, xa que segundo explicou hai artigos nos que queda moi claro que se exclúen do Plan do Litoral os solos clasificados como núcleos urbanos ou rurais, como é o caso de Arcade.
Respecto á protección da carballeira afirma que se manterá como zona verde de uso público, tal e como establecen as actuais normas subsidiarias e destaca que o Plan do Litoral non terá incidencia nas edificacións do casco urbanos.
Engadiu ademais que o Concello está a traballar para corrixir as posibles deficiencias do documento urbanístico mediante a presentación de alegacións e tendeu á man ao resto dos grupos para que colaboren na redacción das mesmas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará