Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “Más de 100 años de socialismo en España”

RR_Noticias

As Xuventudes socialistas de Redondela organizan mañá martes a proxección do documental Más de 100 años de socialismo en España. Un audiovisual no que se repasa a historia do PSOE dende a súa fundación ata a etapa actual do PSOE coa presidencia de Zapatero pasando por Felipe González, Indalecio Prieto e Negrín.

A través de documentos gráficos e entrevistas o documental ofrece unha fascinante visión da historia do Partido Socialistas fundado hai máis de 125 anos dende que Pablo Iglesias e os seus compañeiros crearan en Madrid o partido o 2 de maio de 1879 ata o triunfo do PSOE nas elección do 2004.
Para desenvolver o audiovisual, de 110 minutos de duración. foi fundamental ademais da colaboración de políticos destacados do socialismo, a achega do arquivo da Fundación Pablo Iglesias.Será mañá martes día 23 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará