Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ruta das pedras propón un percorrido polo conxunto rupestre da Pedreira en Ventosela

RR_Noticias

No camiño, de 10 quilómetros de lonxitude, o camiñante atopará petroglifos e “pedras máxicas” como a laxe das Abellas ou a pedra que fala. Dedne a pedra Taio, no punto máis alto da ruta, gozará coas vistas sobre a ría. Veciños de Ventosela organizan este domingo unha saída ás 10 da mañá

A Asociación de Veciños de Ventosela organiza este domingo unha ruta de sendeirismo pola Ruta das pedras, un sendeiro circular de 10 quilómetros de lonxitude que veñen de recuperar e de por en valor coa limpeza e sinalización do percorrido. O principal interese do roteiro é o conxunto rupestre da Pedreira, con múltiples petroglifos os cales destacan polas escenas ecuestres que representan así como polo tamaño dos círculos concéntricos. Forman parte deste conxunto outros “lugares máxicos” como as pedras agudas, a laxe das Abellas ou a pedra que fala, cuxa forma permite meterse dentro dela e falar no interior escoitando as reverberacións que produce a nosa voz. No punto máis alto da ruta atopámonos coa pedra Taió dende onde se poden ver unhas fermosas vistas sobre a ría de Vigo. Para coñecer de preto non só os elementos que se atopan no camiño senón tamén as lendas e historias que os rodean, a asociación organiza este domingo unha saída guiada que partirá ás 10:00 horas da mañá dende a Igrexia da parroquia a onde regresará 3 horas despois. A  ruta está considerada de dificultade media polo que se convida a participar a todos os que o desexen.

Begoña Freire AVV Ventosela
Freire destaca o interese do percorrido
Tila Couñago AVV Ventosela
A ruta do domingo contará coas explicacións dos guías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará