Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Garabatas para conmemorar o Día do Pai

RR_Noticias

Baixo o slogan “A garabata poñémola nós, todo o demais atoparalo no Comercio de Redondela” a Asociación de Empresarios de Redondela promove o Día do Pai agasallando a todos os pais que se acheguen á caseta que durante toda a xornada permanecerá nos soportais do Concello

A Asociación de Empresarios colocará na xornada de hoxe un stand nos soportais do Concello no que en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas, se ensinará a todos os que se acheguen realizar os distintos nós de garabata e se agasallará aos pais cunha destas prendas.
A campaña complementase con outras actividades de promoción como o sorteo dunha Wii entre os clientes do comercio de Redondela. Polas compras realizadas os clientes poderán optar a participar neste sorteo depositando as papeletas de participación no stand da Praza da Constitución oa longo de toda a xornada de mañá. O sorteo finalmente está previsto que se celebre as 20 horas no stand da asociación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará