Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Verbas… para namorar en Soutomaior

RR_Noticias

A Concellería de xuventude convoca co gallo da celebración do día das Letras galegas a III edición do concurso literario verbas para namorar, orientado a alumnos dos centros educativos do concello.
 

Poden participar no certame os alumnos de ESO dos centros Padín Truiteiro e Santiago Apóstolo, quen deberán presentar os seus textos antes do 30 de abril. Haberá dúas categorías por idades: de 12 a 14 anos e de 15 a 18 anos.
O concurso consiste na redacción dunha declaración de amor en lingua galega que pode ir dirixida a outras persoas, á natureza, a obxectos ou a calquera outra cousas animada ou inanimada que nos guste tanto que sexa capaz de espertar en nós sentimentos de amor.
O obxectivo da actividade, que se convoca pro terceiro ano consecutivo, é favorecer a participación da mocidade na creación de textos que expresen sentimentos positivos e normalizar e fomentar o uso da lingua galega entre os máis novos.
O tamaño do texto, que poderá ser en prosa ou verso, non deberá superar as dez liñas. Os premios para os primeiros clasificados consistirán en cámaras de fotos dixitais, DVDs, marcos dixitais, MP4s e prismáticos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará