Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Anxeliños de Vidal Bolaño sóbense ao escenario do Multiusos

RR_Noticias

A Compañía Espello Cóncavo presenta este sábado en Redondela esta “comedia satánica” moi ben acaída en tempos de crise. Será ás 20:00 horas dentro do Teatrarte

A compañía de teatro Espello Cóncavo pon en escena esta obra de enorme actualidade aínda que fora escrita polo dramaturgo galego no ano 1996. Un obra que leva por título Anxeliños: Comedia Satánica e que xira en torno a unha empresa de cobro a morosos que sofre os efectos da crise. Sobre escenario atoparemos personaxes tan dispares como un policía dos tempos do franquismo, unha monxa ou un gánster retornado dos estados Unidos. Segundo confesaba o director da compañía, Arturo López, a elixiron polo seu ritmo cinematográfico e polos cambios escénicos trepidantes cos que se vía atopar o espectador A representación terá lugar este sábado ás 20:00 horas dentro do programa do Teatrarte da Concellería de Cultura.

Arturo Lopez director
Como moitos dos traballos de Vidal Bolaño a obra presenta un gran ritmo cinematográfico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará