Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario perde o liderado en Avilés e a SAR regala á afección unha vitoria ante o Oviedo

RR_Noticias

O Cathering Canario caeu ante o Cafés Toscaf nun encontro que rematou co resultado de 27-26 a favor dos asturianos. Pola súa banda, a Sar vencía na bomboneira por 29 goles a 27 ante o Base Oviedo

Os de Chapela non foron quen de vencer aos locais, o Cafés Toscaf quen conseguiron unha vitoira pola mínima (27-26). Os galegos, que contaban coas baixas de Chema e Adolfo, non estiveron cómodos na pista e iso notouse no resultado que relega ao Canario ao segundo posto en primeira nacional. Tan só un punto os separan do primeiro na categoría, o Atlético Novas motivo polo que na vindeira semana o Cathering tentará recuperar o liderado perdido nun encontro en Chapela ante o Base Oviedo.
Moito mellor lle foron as cousas á Sar que precisamente conseguiron vencer ao equipo asturiano por 29 goles a 27. Xornada a do sábado na que a Bomboneira acolleu un acto de homenaxe a Alejandro López, a quen o presidente do club, Luís Orge lle impuxo a medalla de prata do club. Un día de festa que tivo continuidade cun resultado satisfactorio no marcador coa vitoria do equipo local sobre o base Oviedo.
O club redondelán sitúase no posto sétimo da categoría e na vindeira semana desprázanse á casa do quinto, o Cisne.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará