Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os servizos ferroviarios reduciranse no municipio coa entrada da alta velocidade

RR_Noticias

A Plataforma Salva o tren, que esta tarde imparte unha charla coloquio no Mulitusos da Xunqueira denuncia que a entrada do AVE en funcionamento suporá unha reducción na frecuencias dos trens e un encarecemento no prezos dos billetes

O coordinador xeral de Salva o tren, Fernando Gómez, asegura que a situación de empeoramento que se ven sufrindo no servizo ferroviario galego responde a unha situación de discriminación histórica na comunidade, xa que Galicia é a única autonomía do estado que carece dun servizo de proximidade en funcionamento así como a única comunidade na que se está sustituíndo o servizo de ferrocarril convencional polo AVE. Sobre as repercusións que a entrada da alta velocidade van ter en Redondela, Gómez Camarero asegura que “vai supoñer unha reducción na frecuencia dos trens, que pasarán de 20 servizos diarios a tan só seis, a eliminación de tres das catro estacións actuais e o incremento no prezo dos billetes, que poderían incluso triplicar o seu custe” Precisamente para falar do futuro do tren de proximidade en Galicia celebrase esta tarde ás 19:30 horas unha charla no multiusos da Xunqueira convocada pola plataforma contra a autovía e a asociación Alén Nós. Ademais de Fernando Gómez participan a voceira de Salva o tren, Lucía Latorre e o enxeñeiro técnico en obras públicas, Manuel Xesús Amenedo.

Fernando Gómez Salva o tren
Galicia é a única comunidade do estado sen servizo de proximidade ferroviario
Reducción do servizo en Redondela
Gómez anuncia un empeoramento notable no servizo ferroviario coa entrada do tren de alta velocidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará