Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP responsabiliza ao goberno local da ilegalidade urbanística dunha edil popular en Rande

RR_Noticias

Entenden os populares que son PSOE e BNG os que deben velar polo cumprimento da normativa en urbanismo e que, polo tanto, é o goberno local o responsable da ilegalidade cometida nas obras de ampliación do local de hostalería que rexenta a concelleira popular Herminda Quelle

As obras de ampliación no local que a concelleira popular Herminda Quelle rexenta en Rande, foron paralizadas polo departamento de urbanismo por non axustarse á licencia que lle fora concedida. Agora o futuro da obra está pendente da resolución dun expediente polas presuntas irregularidades.
A ilegalidade da obra tomara relevancia a raíz dunha denuncia do BNG quen a inicios do mes de febreiro criticaba publicamente que o local de hostalería situado ao pé da estrada N-552 de Redondela-Vigo á altura de Rande realizara unha ampliación consistente na construcción dun novo andar no inmoble sen contar coa licencia pertinente.
Dende o bloque recalcaban que dito local é propiedade dunha concelleira da agrupación municipal do PP motivo polo que entenden a “ilegalidade” aínda é máis grave xa que “cómpre que os responsábeis políticos dean exemplo”.
Ante esta situación chegaron incluso a solicitar a dimisión da concelleira e acusaron ao PP de “agochar as obras ilegais da compoñente do seu Grupo Municipal, converténdose, se non esixe a súa renuncia como concelleira, en cómplice das mesmas”.
Os populares pola súa banda argumentan que os únicos responsable das irregularidades cometidas no municipio son responsabilidade de “PSOE e o BNG, partidos que se atopan ao fronte do Goberno local e que deben velar polo correcto funcionamento das actuacións en materia urbanística”.
Contraatacan os populares lembrando que “ata o de agora, os únicos imputados, dentro da corporación municipal, son o alcalde Xaime Rei e o concelleiro de Urbanismo Emilio González Iglesias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará