Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Henrique Costas analiza os falsos prexuízos do galego

RR_Noticias

O profesor da Universidade de Vigo presentará este venres, 5 de marzo, o seu libro “55 Mentiras sobre a Lingua Galega”. Un acto que se desenvolverá na casa da Cultura a partir das 20.00 horas.

O profesor Xosé-Henrique Costas botará por terra todas as valoracións e interpretacións subxectivas que inciden negativamente no proceso de normalización da lingua en todos os ámbitos da sociedade na presentación do seu último traballo, “55 Mentiras sobre a lingua galega”, este venres en Redondela. O libro, que está editado por Edicións Laiovento e promovido pola plataforma Prolingua, realiza “unha análise sólido e rigoroso dos prexuízos máis comúns que se difunden acerca do galego e desmonta unha por unha, até as cincuenta e cinco, as falacias que ao longo da historia se veñen atribuíndo a nosa lingua”.
No acto de presentación participarán José Antonio Orge, membro fundador do SEREN (Seminario de Estudos Redondeláns) e autor de numerosos estudos sobre a historia redondelá, Elsa Quintas Alborés, fundadora da Mocidade pola Normalización Lingüística, coordinadora da plataforma cidadá Queremos Galego en Vigo, do Observatorio dos Dereitos Lingüísticos e membro da directiva da MESA pola normalización lingüística. Ademais do propio Xosé-Henrique Costas González, licenciado e doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor da Universidade de Vigo desde a súa fundación en 1991 e encargado da coordinación deste libro.
O acto, aberto a todo o público, comezará ás 20 horas deste venres na Casa da Cultura de Redondela, sita na Praza de Figueroa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará