Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de catro mil persoas en situación de desemprego na comarca

RR_Noticias

O mes de febreiro deixa na nosa comarca cifras preocupantes en canto ao paro. En total son 3.998 persoas as que se atopan en situación de desemprego si sumamos os parados de Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos de Montes. Por sectores, a industria é o que máis parados rexistra seguido do sector servizos.

Así as cousas, en Redondela son 2.632 persoas as que se atopan anotadas nas listas do paro, dos cales máis da metade (1.323) son traballadores industriais. En Soutomaior o número de persoas desempregadas ascende a 755, en Pazos de Borbén son 393 os veciños que se atopan nesa difícil situación mentres que en Fornelos contabilízanse un total de 218 desempregados.
O número de parados tense incrementado en tres dos catro concellos que conforman a comarca e só en Fornelos atopamos unha tendencia positiva, xa que en total déronse de baixa un total de cinco parados nas listas do INEM
Curiosamente, mentres en moitos puntos do estado a construcción é o sector que peor se están a comportar nos últimos meses, o relativo peso do ladrillo na nosa zona fai que tan só un 12% dos desempregados pertenza a este sector, mentres que un de cada dous parados procede da industria, posiblemente polo importante peso que teñen as empresas da automoción, tanto PSA Citroen como as auxiliares, e o sector do naval.
Ademais as perspectivas non son boas neste sentido,xa que se prevé que Citroen comezará a destruír emprego para afrontar a caída da producción do C4 Picasso a partir do mes de abril, o que con seguridade repercutirá negativamente na evolución do paro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará