Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Marzo muller arranca cun curso de formación sobre Muller e imaxe

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade desenvolverá ao longo do mes dúas mesas redondas sobre o emprego e a política, proxectarán un paquete temático con curtametraxes relacionadas co tema da muller e pecharán o mes cun concerto o día 26.  

Dentro da programación da Concellería de igualdade para este Marzo Muller está xa en marcha un curso de formación baixo o título “Muller e imaxe” que se desenvolverá dende o vindeiro día 8 os luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O obxectivo desta formación é analizar e reflexionar sobre o tratamento das imaxes das mulleres nos diferentes ámbitos, medios e épocas históricas, así como diferenciar os distintos estereotipos de xénero que xorden e nos son transmitidos ligados ás imaxes das mulleres na sociedade. Dende a Concellería convídase a participar nesta e no resto das actividades previstas para os vindeiros días, cunha concentración o día 8 ás doce do mediodía na porta da casa consistorial. Tamén se está a traballar na celebración de dúas mesas redonda. Na primeira participarán sindicalistas da contorna para abordar o tema da muller no ámbito laboral en tempos de crise , mentres que no segundo dos encontros convocarase a políticas da corporación para que analicen as dificultades de dedicarse a este ámbito da vida social. As actividades concluirán o día 26 cu n concerto no Multiusos.

Rosa Costas concelleira de Igualdade
Un obradoiro en torno á Muller e imaxe é a primeira das actividades que nos deixa o programa deste marzo muller
Concentración día 8
Os veciños están convocados a participar nunha concentración no Concello ás doce do mediodía do luns
Mesas redondas
Sindicalistas e políticas falarán da súa labor en ambos os dous ámbitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará