Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela busca unha vitoria no derbi co Candeán para loitar polo ascenso

RR_Noticias

Os redondeláns están agora mesmo na segunda praza do seu grupo. O adestrador, Luís Ferreira, confía en que gañando os encontros da casa poderán rematar a liga con opcións ó ascenso. De conseguilo sería un soño para o club, que a principio de temporada tiña como obxectivo a permanencia.

Segunda Autonómica A vitoria da pasada xornada en Ponteareas por 2-3 deixa ó Chapela afincado na segunda praza da táboa. Unha posición que van defender o próximo domingo no seu campo nun partido de máxima rivalidade. Reciben ó Candean, e o partido promete ser de alto nivel. Os vigueses visitan o campo de Chapela con ansias de revancha, despois de perder o encontro de ida. A priori, vendo a clasificación, o Chapela é o claro favorito, xa que o Candean está situado na metade da táboa. Pero o adestrador, Luís Ferreira, non se fía. O míster destaca que a calidade do equipo rival non se corresponde coa súa situación na táboa e pídelle ós xogadores máxima concentración para saír a gañar. Ferreira fai tamén un chamamento á afección e pídelle que acudan ó campo o domingo para a arroupar ó equipo.

Luis Ferreira adestrador
O míster confía en poder dar o salto a Primeira Autonómica
Chapela-Candeán
O domingo dispútase un interesante derbi
Afección
O míster fai un chamamento ós siareiros para que apoien ó equipo no campo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará