Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello poderá activar o servizo do Grumir neste mes de marzo

RR_Noticias

Actualmente o servizo que atende ás emerxencias está baixo mínimos, xa que dende o pasado 19 de xaneiro tan só están en activo os tres operarios que contan con contratos estables.

O concello de Redondela poderá comezar as contratacións dos efectivos dos Grupos Municipais de Intervención Rápida nos vindeiros días, logo de que xa fora publicado no Diario Oficial de Galicia a orde que permite ás entidades locais contratar aos traballadores neste mesmo mes de marzo.
Con esta medida os concellos que contan co Grumir poden adiantar en case dous meses a posta en marcha do servizo encargado de atender ás emerxencias que se producen no municipio como accidentes de tráfico, incendios ou vixilancia de aglomeracións entre outros.
En Redondela actualmente son tan só tres as persoas que contan con contratos estables e que a día de hoxe están en activo, uns efectivos que non lles permiten atender ás chamadas que reciben. Como exemplo lembran que o pasado domingo se producía un incendio no CAMP de Chapela e que ao non contar con persoal tiveron que solicitar a intervención de Bombeiros de Vigo.
O Grumir quedouse baixo mínimos o pasado 19 de xaneiro, data na que se deron por finalizados os contratos de 12 traballadores, nove peóns e tres capataces, que sumaban un total de 15 efectivos para atender o servizo, cantidade suficiente que lles permitía organizarse por quendas de traballo.
A nova orde da Consellería de Traballo e Benestar permitirá ampliar o servizo antes do previsto, xa que ata o de agora os contratos renovábanse no mes de xuño.
En total, no ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo son preto de 50 contratos para traballadores desempregados nos concellos de Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas e a Mancomunidade do Val Miñor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará