Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Goberno e oposición únense para demandar a Fomento a construcción da rotonda en Rande

RR_Noticias

O concello trasladará a Demarcación de Carreteras unha solicitude para que se aceleren e se rematen canto antes as obrasque o ministerio de Ffomento ten pendentes no municipio tales como a rotonda na AP-9 na rotonda de Rande e o arranxo da N-550. Actuacións que se veñen demorando durante meses e que están a incrementar a inseguridade vial  

Todos os partidos presentes na corporación municipal uníronse no último pleno municipal para criticar os atrasos acumulados en ambas as dúas obras. No caso da rotonda, as estimacións apuntaban a que a obra estaría rematada a finais do verán do 2009. Un proxecto adxudicado por Fomento que consistía nunha glorieta cun radio exterior de 28’50 metros cadrados e unha calzada con dous carrís de circulación que persegue facilitar os movemento de entrada e saída da autoestrada así como os cambios de sentido na N-552, actualmente nos permitidos. O orzamento da obra de 640.000 euros inclúe ademais a instalación de beirarrúas e un semáforo a un 50 metros da rotonda, para dar servizo aos veciños de Cabanas quen dende hai anos veñen demandando para a zona medidas que incrementen a seguridade vial e que lles faciliten cruzar a estrada que comunica Vigo con Redondela. Con todo, tal e como argumentaban na última sesión plenaria dende o PP “a obra está paralizada e acumulando atrasos importantes” Os grupos que forman parte do goberno local, tanto PSOE como BNG apoiaron a iniciativa dos populares xa que segundo explicaron “os continuos atrasos na obra non están xustificados”.

Alberto Pazos PP
os populares reclaman a axilización das obras pendentes de Fomento
Goberno Municipal
Carlos pazos e Emilio González Iglesias entende que é necesario demandar unha maior celeridade en ambas actuacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará