Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ERE temporal evitará o despedimento de 24 traballadores en Peguform

RR_Noticias

A reducción dunha quenda debido a diminución da producción do C4 Picasso en Citroen, obriga a aprobar un ERE temporal de un mes na factoría de A Portela que afectará a totalidade dos traballadores

A dirección da fábrica de Peguform comunicou ao comité de empresa a súa intención de presentar un Expediente de Regulación de Emprego que afectará á totalidade dos 200 traballadores fixos da planta, quen deberán deixar de traballar durante un período de 30 días dende abril a decembro. Con esta medida, a empresa espera evitar o despedimento de 24 traballadores que se verían afectados debido a caída da producción do C4 Picasso a partir de abril na planta viguesa de PSA Citroen. O delegado de Comisión Obreiras na empresa, Javier Puga explicaba que a intención dos sindicatos, que están agora valorando á proposta da empresa, pasa por salvar tamén os 18 empregos eventuais que existen na factoría. Entenden que iso sería posible mantendo as tres quendas de traballo pero paralizando a producción os venres. As negociación entre empresa e sindicatos retomaranse o vindeiro xoves 4 de marzo

Javier Puga CCOO
Os recortes en Citroen afectan á totalidade dos traballadores de Peguform
Conservar os 218 traballadores
Reducir o número de días traballados podería permitir manter a totalidade dos cadro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará