Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos no Lourambal entre o Porriño e o Choco

RR_Noticias

Os de Redondela manteñen o liderado a pesares do empate sen goles en terras do Louro. No encontro disputado onte non houbo un equipo claramente superior. Os dous tiveron ocasións, pero ningún soubo materializalas. A xornada completouse con empate do Chapela na Segunda Autonómica e derrotas para o resto de equipos locais.

Preferente Autonómica
Porriño 0- Choco 0
O Choco mantense líder a pesares do empate no Lourambal. Encontro moi igualado o que se viviu onte no campo porriñés, onde os dous equipos querían os tres puntos, os redondeláns para manter o liderado, o Porriño Industrial para engancharse ós postos de arriba.  No partido non houbo un dominador claro e os dous equipos tiveron ocasións. Os locais por parte de Estefan, que tivo varias oportunidades pero que non estivo acertado de cara ó gol. O Choco tivo tamén unha ocasión moi clara nun pase que paseou por diante da meta de Felipe, pero ninguén chegou para empurrar o balón ata a rede. En xeral, un bo partido, cos redondeláns  moi ben pechados atrás. Reparto de puntos que parece xusto e que permite ó Choco seguir liderando a clasificación. Están un punto por riba do 2º, o Portonovo. O domingo disputarase un partido decisivo en Santa Mariña, xa que o Choco recibe ó Estradense, 3º na táboa, a tan só 2 puntos dos redondeláns.
 
 
Primeira Autonómica
 
Salvaterra 3 – Arcade 0
A derrota deixa ó arcade nunha situación complicada, no posto 14º e moi preto da parte baixa da táboa. Precisamente na próxima xornada recibirán ó Caldas, un dos equipos máis necesitados de puntos, xa que está na parte baixa da táboa, con tres puntos menos que os de Soutomaior.
 
Segunda Autonómica
 
Chapela 2- Mos 2
O Chapela deixou escapar a vantaxe de dous goles que tiña sobre o Mos. Os goles de Jose Ignacio e Carlos poñían por diante ós locais nun encontro bastante igualado. Pero os visitantes fixeron unha impresionante remontada ata conseguir a igualada en Chapela nos últimos minutos do encontro. Con todo o Chapela mantén a 2ª praza na táboa. O próximo domingo poderá ter ocasión de despegarse máis do terceiro clasificado, xa que visitan o campo do Ponteareas, un dos equipos da parte baixa da táboa.
 
Terceira Autonómica
Estación -Cesantes 6-2
Arcade -Beluso 0-2
Soutomaior -Vilaboa 0-0
Vilasobroso-Nespereira 8-0

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará