Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario cede o liderado diante do Mecalia Novás

RR_Noticias

Sorte desigual para os dous equipos locais da 1ª Nacional. Mentres o Peguform gañaba en terras asturianas ó Covadonga, o Canario perdía na casa co Atlético Novas.

Primeira Nacional Masculina
Canario 23- Mecalia Novas 33
Covadonga 21-Peguform Sar 22
 
Sorte desigual para os dous equipos locais da 1ª Nacional. Mentres o Peguform gañaba en terras asturianas ó Covadonga, o Canario perdía na casa co Atlético Novas.
A vitoria da Sar chegou non últimos compases do partido, e o Grupo Covadonga a piques estivo de dar a sorpresa coa que sería a súa primeira vitoria da temporada. Pero os de Carlos Rei reaccionaron a tempo e déronlle a volta ó marcador.
Peor foron as cousas para o Canario, que caiu baixo un Novas moi superior. A derrota supón para os de Chapela perder o liderado, que agora é do Novas, ó sumar un punto máis que o Canario. Con todo os de Chapela teñen un partido menos, xa que aínda están pendentes de xogar co OAR.
Na próxima xornada o canario xogará na pista do Calvo Xiria, da parte baixa da táboa, e a Sar recibe ó Cafés Toscaf, igualado cos de Redondela. Antes xogarán o partido aprazado na Coruña co OAR, será este mércores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará