Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Fillos da auga, fillos do lume” de Matamá faise co primeiro premio no concurso de comparsas

RR_Noticias

Jesucristo Superstar e as Marchosas de Arcade fixéronse co segundo e terceiro premio respectivamente. O Entroido remata mañá coa queima do meco e a tradicional tirada de fogos de artificio mañá a partir das 20:00 horas.

O frío non desanimou aos milleiros de persoas que na tarde de onte ateigaron as rúas do centro da vila para ver de preto as doce comparsas que participaron no desfile do Entroido. A gran vencedora foi a comparsa “Fillos da auga, fillos do lume” da parroquia viguesa de Matamá quen se fixo co primeiro premio dotado de 900 euros grazas aos seus espectaculares traxes. En segundo lugar quedaron clasificados os membros da comparsa Rías Baixas co seu particular “Jesucristo Superstar” mentres que o terceiro premio foi para “as marchosas” de Arcade En total foron 12 as agrupación participantes, quen con moito humor e imaxinación tentaron combater as xélidas temperaturas do domingo. Mañá martes terán lugar os últimos actos do Entroido organizados pola concellería coa queima do meco que este ano represente ao virus da gripe A. Un boneco que dende o pasado xoves preside o balcón principal do Concello. Será mañá a partir das 17.00 horas, co tradicional desfile de disfraces individuais, parellas e grupos polas rúas  Alfonso XII e Ribeira -que ao igual que onte domingo permanecerán pechadas ao tráfico dende ás 16.30 horas- e, a partir das 18.00 horas verbena na Praza da Constitución amenizada polo Grupo Costa Blanca. As 20.00 horas dará comezo o espectáculo da Queima do Meco co desfile de comelumes e zancudos e a xa tradicional tirada de fogos artificiais.

Eduardo Reguera edil de Cultura
O martes é o entroido máis participativo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará