Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de formación en informática e lingua galega

RR_Noticias

Está aberto o prazo para participar nos cursos de informática que se van desenvolver no mes de marzo nas parroquias de Chapela, Vilar, Cedeira e Saxamonde organizados pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade. Por outra banda, no Servizo de Normalización continúa aberto o prazo para anotarse nos cursos do CELGA

Esta formación permitirá, ás mulleres e homes das parroquias, acceder a unha formación con moita demanda, así como acadar un maior desenvolvemento persoal, debido a que a informática está a manifestarse como unha materia imprescindible tanto na nosa vida diaria como nas nosas relacións de traballo. Un total de 5 cursos que se inician a primeira semana de marzo, desenvolveranse 1 día á semana, ata o mes de xuño,  coa seguinte distribución: 4 cursos de informática básica de 32 horas de duración na Asociación Deportiva Cultural “A Miñoteira”, na Asociación de veciños de Chapela, e nos Centros Culturais de Cedeira e Vilar de Infesta. E un curso de informática-perfeccionamento de 32 horas de duración na Asociación de Mulleres Rurais Arela de Saxamonde. As persoas interesadas en participar nestas actividades formativas  deberán inscribirse en cada unha das Asociacións ou ben poñerse en contacto coa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade no teléfono: 986 40 80 43. Cursos de lingua galegaPor outra banda, aínda está aberto o prazo para participar nos cursos de galego que organizan dende o Servicio de normalización Lingüística. Todas as persoas interesadas en realizar algúns dos cursos poden inscribirse ben na propia oficina de Normalización no Multiusos, a través do correo electrónico normalizacion@redondela.info ou no teléfono 986402842. Dende o servizo anímase sobre todo a aquelas persoas con poucos ou nulos coñecemento en lingua galega a anotarse no curso de Celga 2.

Eva García Rei técnica de normalización
Continúa aberto o prazo para inscribirse nos cursos do Celga

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará