Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura adianta o Entroido infantil para a tarde do sábado

RR_Noticias

O tradicional desfile de comparsas partirá ás 18:00 horas do Campo da Feira o domingo 14. As rúas do centro urbano pecharanse ao tráfico a partir das 17:00 horas e se habilitarán o anexo do campo de fútbol de Santa Mariña como zona de estacionamento

Os nenos terán este ano o seu particular Entroido coa celebración de diferentes obradoiros de disfraces, talleres de globofexia e maquillaxe e festa de karaoke na tarde noite do vindeiro sábado. Unha cita que pretende aglutinar ao público familiar e ofrecer alternativas a programación tradicional. As actividades serán na Praza da Constitución dende as 17:00 horas ata as 21:00. O domingo será a quenda das comparsas, agrupación de máis de 25 participantes que poderán optar a interesantes premios de entre 900 e 300 euros. O único requisito para participar, inscribirse antes do vindeiro xoves e gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. No referente ás carrozas deberán ter unha altura máxima de 450 metros e un ancho máximo de 4 metros. O desfile partirá ás 18:00 horas do domingo dende o Campo da Feira onde os participantes deberán presentarse unha hora antes. Nesa xornada pecharase ao tráfico as rúas do centro urbano e para facilitar o acceso dos veciños a concellería de cultura habilitará o anexo do campo de fútbol de Santa mariña como eventual aparcamento. Xa o martes celebrarase o Entroido máis tradicional con verbena a cargo da agrupación Costa Blanca na praza da Constitución e a queima do meco que dende a mañá do venres xa se poderá ver no balcón da Casa consistorial. Un Entroido participativo onde serán moitos os que a partir do mediodía enchan as rúas de disfraces e de festa

Eduardo Reguera edil de cultura
Os cativos teñen a súa cita na tarde do sábado
Desfile de comparsas
Para facilitar o acceso dó público habilitaranse zonas de aparcamento
Martes de entroido
A festa máis participaiva é na tarde do martes onde se celebrará tamén a tradicional queima do meco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará