Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A derrota en Poio complica a situación do Arcade

RR_Noticias

O resultado negativo de 2-1 no campo do Poio deixa ós de Jacobo Montes na parte baixa da táboa. Con todo, no club son optimistas e agardan non ter problemas para asegurar a permanencia, xa que queda unha longa segunda volta por diante.

O equipo da 1ª Autonómica non está a pasar polo seu mellor momento. Despois da derrota no campo do colista, o Poio, a súa situación na táboa complícase. Agora son 14º, aínda que no club son optimistas, queda case toda a segunda volta por diante, e agardan que os resultados melloren para garantir a permanencia. O presidente do club, Daniel Álvarez, asegura ter confianza nos xogadores, que serán quen de darlle a volta a esta situación. A próxima cita será o domingo, e diante dun rival complicado, xa que visita o Salgueirón o Valladares, un dos equipos da parte alta da táboa. Con todo, Álvarez aposta pola calidade dos seus xogadores, que xa colleitaron un resultado positivo na ida contra este equipo. Moito máis agradable é a situación do filial, o Arcade B, en Terceira Autonómica. O equipo foi creado para darlle unha saída ós rapaces que adestran nos equipos base do Arcade, e están a obter bos resultados. Están situados na metade da táboa e algúns poden dar o salto ó primeiro equipo, que é o obxectivo do traballo coa canteira. A próxima cita do Arcade B será no campo do Salcedo, un dos colistas.

Daniel Álvarez presidente
No club confían en saír desta situación e asegurar a permanenia.
Arcade-Valladares
O presidente confía en repetir o resultado positivo do parido de ida.
Arcade B
Álvarez amósase satisfeito dos resultados do filial que foi creado para dar saída ós xogadores da canteira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará