Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama á Xunta a creación dun parque de bombeiros para a comarca

RR_Noticias

O concelleiro de Protección Civil Eduardo Reguera entende que a alternativa ao Grumir pasa pola creación dun parque comarcal que dea servizo a Redondela, Soutomaior , Pazos e Fornelos. Xaime Rei rebaixa a petición e avoga por un convenio cos bombeiros de Vigo.

O alcalde de Redondela Xaime Rei e o concelleiro delegado de Protección Civil, Eduardo Reguera reúnense na mañá de hoxe con Director Xeral de Protección Civil para tentar buscar unha alternativa ao servizo de emerxencias que deixou de funcionar hai dez días logo de que rematasen o seu contrato os membros do Grumir. Unha situación que se repite todos os anos dado que os traballadores do Grupo de Intervención Rápida son contratados por períodos inferiores aos dez meses. Nun intento de buscar unha solución definitiva, Reguera propón a creación dun parque de bombeiros que dea servizo tanto ao noso municipio como a Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, de xeito que Redondela sexa cabeza de comarca e conte cun servizo de emerxencias estable para atender todo tipo de incidencias como incendios, inundacións ou accidentes de tráfico. Convenio con Vigo Menos ambicioso é o alcalde, Xaime Rei quen se daría por satisfeito se conseguise un convenio estable cos Bombeiros de Vigo. Redondela non contaría con parque de bombeiros propio, que seguiría na cidade olívica, pero os seus traballadores terían a obrigación de atender calquera incidencia que se producise no ámbito municipal. Ambos os dous responsables políticos reuniranse na mañá de hoxe cos responsables da Dirección Xeral de Emerxencias da Consellería de Presidencia para debater estas cuestións.

Eduardo Reguera edil de Protección Civil
O concelleiro propón un parque de bombeiros comarcal
Xaime Rei alcalde
O rexedor local confórmase cun convenio cos bombeiros de Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará