Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de formación e actividades do Entroido na OMIX de Soutomaior

RR_Noticias

Xuventude ten aberto o prazo para inscribirse en obradoiros de batuka, capoeira e cociña de Entroido así como en cursos de formación de auxiliar en xeriatría e técnico en animación sociocultural e tempo libre.

A OMIX de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que organizan co gallo das celebracións do Entroido. Así, grande e cativo teñen a posibilidade de participar en obradoiros de cociña onde aprenderán receitas económicas, rápidas e saudables elaboradas con ingredientes propios destas datas. Tamén poden participar dun obradoiro de danza brasileira así como da xornada de animación que se vai desenvolver na Casa do Pobo da Montesiña na tarde do propio martes de Entroido o día 16 de febreiro. Un servizo que organiza tamén cursos de formación orientados a persoas que queren actualizarse no seu traballo ou que buscan novas vías que lles podan servir de cara a inserirse no mundo laboral. A día de hoxe está aberto o prazo para inscribirse nun curso de introducción ao tempo libre e outro de atención á dependencia e auxiliar de xeriatría, ambos os dous de 50 horas de duración Finalmente hai tamén cursos de batuka e capoeira nos que se combina a música, o ritmo e o exercicio físico. Para calquera información ou para inscribirse en algunha das actividades tan só hai que achegarse á OMIX no Multiusos de Arcade ou chamar ao teléfono 986 700 822

Sonia Pintos entroido
A cociña e a música estarán presentes no entroido deste ano
Cursos de formación
Mellorar a situación laboral é un dos motivos que leva a moitos a inscribirse nos cursos
Obradoiros de batuka e capoeira
O público demanda actividades físicas para porse en forma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará