Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hostalería analiza as repercusións do Ano Xacobeo en Redondela

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios de Redondela reunirase este mércores día 3 co comercio e hostalería da vila para promover estes sectores e prestar especial atención ás posibilidades do concello como punto de paso do Camiño Portugués.
 

A Asociación de Empresarios de Redondela, levará a cabo mañá mércores, na sede da Asociación reunións ca Hostalería e o Comercio de Redondela co fin de levar a cabo actividades de promoción comercial e turística.
A primeira cita será a partir das 17:30 e a ela están convocados os establecementos de hostalería asociados. Nesta reunión farase especial fincapé das oportunidades que para o sector supón a celebración do Ano Santo e de que Redondela sexa a confluencia do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, polo que se presentarán propostas de promoción e coordinar da oferta hostalería e complementaria.
Do mesmo xeito falarase de actividades de promoción do sector hostaleiro para levar a cabo en momento puntuais do ano como pode ser a festa do choco que terá lugar no mes de maio.
Ás 20:45 horas será a quenda do Comercio quen asistirán á presentación dun cd que publica a Asociación de Empresarios de Redondela, “Xestiona Comercio”, un cd que pretende ser nunha ferramenta imprescindible para o sector, deseñada e pensada para o comercio minorista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará