Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

Por terceiro ano consecutivo o Colectivo millo Verde convoca unha nova edición do concurso de maquetas aberto a todos os grupos e solistas de Galicia e Portugal. Un certame que ao entender dos seus organizadores está xa consolidado como o acredita os 40 traballos que se presentaron na edición anterior.

Emular a Skandalo GZ ou a La Vaga banda, gañadores das edicións anteriores, será o obxectivo dos grupos que antes do 15 de marzo presenten os seus traballos, que deberán constar de tres cancións de composición propia encadrados en calquera estilo musical. Estes traballos deberán ser remitidos en formato CD acompañados dunha breve reseña biográfica na que se faga referencia ao compoñentes do grupo, estilo, procedencia e concertos realizados. Todo o material debe ser enviado ao enderezo do festival: Concurso de maquetas Millo Verde Eduardo Blanco Amor, 11-3º 36800-Redondela Un ano no que esperan superar a participación de edicións anteriores sobre todo pola importante labor de difusión que se están a realizar dende a organización De entre todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar o 10 de abril. De entres os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes a dito concerto.O grupo elixido obterá o dereito a formar parte do festival MIllo Verde que terá lugar os días 11, 12 e 13 de xuño, percibindo 300 euros.

Ricardo Figueroa Millo Verde
O pasado ano presentáronse 40 maquetas
Grupos non consolidados
Un certame aberto a grupos de Galicia e Portugal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará