Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario segue firme o camiño do ascenso

RR_Noticias

Os de Chapela farán doblete esta fin de semana, o venres xogan na casa o partido co Cisne nunha xornada adiantada e o domingo viaxarán á Coruña para disputar o encontro aprazado co OAR. De puntuar na Coruña consolidarán o seu liderado na 1ª Nacional Masculina, onde xa son claros candidatos a disputar a fase de ascenso.

 O Canario Catering vive esta fin de semana dúas xornadas que serán claves para o seu futuro. Despois de arrasar en Bueu, onde gañaron por 19-30, terán que defender o seu liderado diante de dous dura rivais. A primeira cita será este venres ás 21.00 horas, cando xogarán en Chapela un encontro adiantado co Cisne, un rival complicado, que xa se impuxo en Chapela en visitas anteriores. Despois, o domingo, os de Fran Teixeira viaxarán á Coruña, par xogar o partido aprazado que teñen pendente co OAR. De puntuar na Coruña os chapeleiros consolidarán a súa posición no liderado da 1ª Nacional. O obxectivo para esta tempada está claro, rematar a liga como primeiro ou segundo clasificado para poder disputar a fase de ascenso. Calidade deportiva non lles falta a estes xogadores, o problema é, unha vez máis o financiamento. O presidente da entidade, Manuel González Soto, sinala que de conseguir o salto de categoría, se non contan cun patrocinador que lles dea seguridade económica, terían que renunciar ó ascenso. Con todo no club amósanse máis que satisfeitos cos resultados, sobre todo porque son “un importante tirón para a canteira”, e cada vez son máis os nenos e nenas que practican balonmán nos equipos base de Chapela.

Manuel González Soto presidente
O Chapela ten unha doble cita esta fin de semana
Chapela-Cisne
O Chapela agarda cambiar o resultado das últimas visitas do Cisne.
Ascenso
O salto de categoría é o obxectivo pero terán que renunciar se non hai un patrocinador.
Deporte base
O presidente está satisfeito co tirón que o equipo ten entre os nenos e nenas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará