Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol

RR_Noticias

A detención produciuse a unha da madrugada logo dunha presecución polo centro da vila. O detido, de 26 anos de idade, conducía un Audi A·3 a gran velocidade polo centro da vila cando foi sorprendido polos axentes da policía.

A Policía Local de Redondela detivo a unha da madrugada de hoxe a J.M.L., un mozo veciño de Redondela de 26 anos de idade logo de protagonizar unha persecución polo centro da vila ao volante do seu vehículo, un Audi A3.
Os feitos iniciáronse minutos antes canto unha patrulla da policía local sorprendeu a este mozo cando circulaba a gran velocidade pola rúa peonil Pai Crespo interior. Logo de darlle o alto, o mozo lonxe de deter o vehículo fuxiu a gran velocidade iniciándose así unha persecución que continuou polo centro da vila e Evenida Mendiño, onde os axente lle perderon a pista. Minutos despois localizárono novamente na rúa Prego de Montaos en Vilavella, onde foi detido e sometido á proba de alcoholemia, multiplicando pro catro a taxa de alcol permitida ao volante.
O detido pasou a noite nos calabozos da policía local e pasou na mañá de hoxe a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará